SOBRE NÓS





No ano 2.008, constitúese legalmente a Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais, Gandeiros e Autónomos de Muimenta (anque esta xa estaba organizando dende a década do oitenta a Mostra Exposición da Vila), que quere centrarse en realizar actuacións de promoción do comercio, da actividade gandeira, agrícola, empresarial ou profesional que se leve a cabo no pobo, poñer en marcha cursos e dar a coñecer a calidade do comercio, da industria, da gandería e de cantos servicios e eventos conta Muimenta, entre elas a MOEXMU, co seu concurso, exposición e subasta de gando, e a FESTA DA FILLOA, declarada polo Consello de Goberno da Xunta de Galicia o pasado 21 de febreiro do 2.008, FESTA DE INTERESE TURÍSTICO GALEGO, o que constitúe un gran respaldo ao traballo de todo un pobo.

Hai que destacar tamén que temos o único concurso de gando da zona e que somos marca rexistrada.

Mostramos a continuación distintos documentos de interese sobre a organización da MOEXMU e da Festa de Filloa, acordos de colaboración, rexistro de marcas, etc. Para unha mellor visualización dos documentos premede, na parte de abaixo de cada un deles onde pon "view in fullscreen". Se queredes descargalos, facede click onde pon "download".


Invitación a MOEXMU e a Festa da Filloa de Muimenta. Edición 2012




Comisións organizadoras da MOEXMU



Como se pode observar no documento anterior, pasan a ser seis as comisións de empresarios e autónomos que organizan a Feira de Mostras e Exposicións de Muimenta (MOEXMU) e a Festa da Filloa no mesmo ano. Traballan dunha maneira rotatoria, e formárona ó longo da súa historia un total de sesenta e seis empresarios e autónomos. Cando se produce unha baixa, a maioría por xubilación, inclúese un novo empresario, e cando algúen abre un novo negocio, tamén se incorpora a unha comisión.



Acordo de colaboración coa USC




MOEXMU E Festa da Filloa de Muimenta, marcas rexistradas