PROGRAMA MOEXMU 2012

28 mar. 2012





XXVIII MOSTRA EXPOSICIÓN MUIMENTA (MOEXMU)
XXVI CONCURSO DE GANDO FRISÓN
XXVI EXPOSICIÓN DE RAZA RUBIA GALEGA
XIV SUBASTA DE GANDO SELECTO

Recinto feiral "Manuel Vila López", Muimenta. 29, 30, 31 de Marzo e 1 de Abril de 2012



Xoves, Día 29 de Marzo
  • Ao longo de toda a xornada, terá lugar a entrada de maquinaria ao Recinto Feiral "Manuel Vila López" de Muimenta
Venres, Día 30 de Marzo
  • 10,00 h.: Apertura do Recinto Feiral "Manuel Vila López" de Muimenta
  • 10,15 h.: Comezará a entrada do gando no recinto feiral ao longo de toda a xornada e verificación da correspondente documentación
  • 10,30 h.: Comeza a entrada e ubicación dos stands e parcelas correspondentes aos expositores de maquinaria, automóbiles, motos, artesanía popular, así como dos productos galegos de calidade e da terra
  • 15,00 h.: Remate da entrada de gando no Recinto Feiral "Manuel Vila López"
  • 17,30 h.: Chegada de catro autobuses con persoas pertencentes ao colectivo da terceira idade, en colaboración co Concello de Cospeito
  • 18,45 h.: Recepción do inaugurador, pregoeiro e demais autoridades que acudan ao Recinto Feiral "Manuel Vila López", por parte da Comisión Organizadora
  • 19:00 h.: Inauguración Oficial, a cargo dunha personalidade de Galicia, da XXVIII Mostra de Exposicións de Muimenta (MOEXMU), XXVI Exposición de Gando de Raza Rubia, XXVI Concurso de Gando Raza Frisona e XIV Subasta de Gando Selecto
  • 19,20 h.: Lectura do pregón a cargo do xornalista galego Santiago Jaureguizar Ruíz de Zárate
  • 19,40 h.: Merenda para o colectivo da terceira idade asistente inauguración da MOEXMU
  • 22,00 h.: Peche do Recinto Feiral "Manuel Vila López"
Sábado día 31 de Marzo
  • 09,00 h.: Apertura do Recinto Feiral para expositores e gandeiros
  • 10,o0 h : Apertura ao público do Recinto Feiral "Manuel Vila López"
  • 10,10 h.: Apertura das instalacións para poder ver parte da exposición de Traxes Rexionais pertencentes ao INLUDES da Deputación Provincial de Lugo que estará presente nunha nova edición da MOEXMU e a exposición de fotos do MADIALEVA MONGOL RALLY
  • 11,30 h.: Inicio do concurso de Gando Frisón (seccións correspondentes a xatas e xovencas)
  • 14,00 h.: Descanso no concurso para xantar dos participantes no mesmo e exposición de gando selecto
  • 16,00 h.: Reanudación do concurso, coas seccións e campionatos correspondentes as vacas de leite
  • 21,00 h.: Peche ao público do Recinto Feiral "Manuel Vila López"
Domingo día 1 de Marzo
  • 09,30 h.: Apertura do Recinto Feiral para expositores e gandeiros
  • 10,o0 h : Apertura ao público do Recinto Feiral "Manuel Vila López"
  • 11,00 h.: Concurso de xoves manexadores:
- Sección 1: de 15 a 18 anos
- Sección 2: de 10 a 14 anos
- Sección 3: ata 9 anos
  • 11,40 h.: Concurso manexadores adultos
  • 12,00 h.: XIV Subasta de gando selecto, contando con Gando da Granxa Gaioso Castro do INLUDES/Excma. Deputación Provincial de Lugo e da finca de Bos de Guísamo (A Coruña)
  • 12,15 h.: Chegada ao Recinto Feiral "Manuel Vila López" do Grupo de Gaitas "Leña Verde", que amenizará unha parte da xornada aos asistentes, en colaboración coa Vicepresidencia Primeira da Excma. Deputación Provincial de Lugo, Área de Cultura e Deportes
  • 14,00 h.: Entrega de premios aos participantes e gañadores das diferentes seccións do concurso de gando
  • 14, 45 h.: Clausura oficial da XXVIII Mostra de Exposicións de Muimenta (MOEXMU), XXVI Exposición de Gando de Raza Rubia, XXVI Concurso de Gando Raza Frisona e XIV Subasta de Gando Selecto, a cargo do Alcalde/Presidente do Concello de Cospeito
  • 21,00 h.: Peche ao público do Recinto Feiral "Manuel Vila López"