Premios 2012

4 abr. 2012





  • Premio campión de cada sección: importe en metálico + 1 vale de produto de 150 € 
  • Premio a mellor gandería do concurso: 2 embrións de alto valor xenético, valorados en 1.200 € 
  • Premio o mellor rabaño: goma para patio, valorada en 600 € 
  • Premio a gandería con mais animais: unha esquiladora valorada en 300 € -Premio sen determinar: 1 hectárea de millo, valorada en 200 € 
  • Premio a vaca campeona
  • Premio as ganderías participantes: doado por Irmandiños. 400 € 
  • Premio a mellor descendencia de vaca: doado por Gea-Acebedo: 400 € 
  • Premios Xenética Fontao:10.000 € aproximadamente


PROGRAMA MOEXMU 2012

28 mar. 2012





XXVIII MOSTRA EXPOSICIÓN MUIMENTA (MOEXMU)
XXVI CONCURSO DE GANDO FRISÓN
XXVI EXPOSICIÓN DE RAZA RUBIA GALEGA
XIV SUBASTA DE GANDO SELECTO

Recinto feiral "Manuel Vila López", Muimenta. 29, 30, 31 de Marzo e 1 de Abril de 2012



Xoves, Día 29 de Marzo
  • Ao longo de toda a xornada, terá lugar a entrada de maquinaria ao Recinto Feiral "Manuel Vila López" de Muimenta
Venres, Día 30 de Marzo
  • 10,00 h.: Apertura do Recinto Feiral "Manuel Vila López" de Muimenta
  • 10,15 h.: Comezará a entrada do gando no recinto feiral ao longo de toda a xornada e verificación da correspondente documentación
  • 10,30 h.: Comeza a entrada e ubicación dos stands e parcelas correspondentes aos expositores de maquinaria, automóbiles, motos, artesanía popular, así como dos productos galegos de calidade e da terra
  • 15,00 h.: Remate da entrada de gando no Recinto Feiral "Manuel Vila López"
  • 17,30 h.: Chegada de catro autobuses con persoas pertencentes ao colectivo da terceira idade, en colaboración co Concello de Cospeito
  • 18,45 h.: Recepción do inaugurador, pregoeiro e demais autoridades que acudan ao Recinto Feiral "Manuel Vila López", por parte da Comisión Organizadora
  • 19:00 h.: Inauguración Oficial, a cargo dunha personalidade de Galicia, da XXVIII Mostra de Exposicións de Muimenta (MOEXMU), XXVI Exposición de Gando de Raza Rubia, XXVI Concurso de Gando Raza Frisona e XIV Subasta de Gando Selecto
  • 19,20 h.: Lectura do pregón a cargo do xornalista galego Santiago Jaureguizar Ruíz de Zárate
  • 19,40 h.: Merenda para o colectivo da terceira idade asistente inauguración da MOEXMU
  • 22,00 h.: Peche do Recinto Feiral "Manuel Vila López"
Sábado día 31 de Marzo
  • 09,00 h.: Apertura do Recinto Feiral para expositores e gandeiros
  • 10,o0 h : Apertura ao público do Recinto Feiral "Manuel Vila López"
  • 10,10 h.: Apertura das instalacións para poder ver parte da exposición de Traxes Rexionais pertencentes ao INLUDES da Deputación Provincial de Lugo que estará presente nunha nova edición da MOEXMU e a exposición de fotos do MADIALEVA MONGOL RALLY
  • 11,30 h.: Inicio do concurso de Gando Frisón (seccións correspondentes a xatas e xovencas)
  • 14,00 h.: Descanso no concurso para xantar dos participantes no mesmo e exposición de gando selecto
  • 16,00 h.: Reanudación do concurso, coas seccións e campionatos correspondentes as vacas de leite
  • 21,00 h.: Peche ao público do Recinto Feiral "Manuel Vila López"
Domingo día 1 de Marzo
  • 09,30 h.: Apertura do Recinto Feiral para expositores e gandeiros
  • 10,o0 h : Apertura ao público do Recinto Feiral "Manuel Vila López"
  • 11,00 h.: Concurso de xoves manexadores:
- Sección 1: de 15 a 18 anos
- Sección 2: de 10 a 14 anos
- Sección 3: ata 9 anos
  • 11,40 h.: Concurso manexadores adultos
  • 12,00 h.: XIV Subasta de gando selecto, contando con Gando da Granxa Gaioso Castro do INLUDES/Excma. Deputación Provincial de Lugo e da finca de Bos de Guísamo (A Coruña)
  • 12,15 h.: Chegada ao Recinto Feiral "Manuel Vila López" do Grupo de Gaitas "Leña Verde", que amenizará unha parte da xornada aos asistentes, en colaboración coa Vicepresidencia Primeira da Excma. Deputación Provincial de Lugo, Área de Cultura e Deportes
  • 14,00 h.: Entrega de premios aos participantes e gañadores das diferentes seccións do concurso de gando
  • 14, 45 h.: Clausura oficial da XXVIII Mostra de Exposicións de Muimenta (MOEXMU), XXVI Exposición de Gando de Raza Rubia, XXVI Concurso de Gando Raza Frisona e XIV Subasta de Gando Selecto, a cargo do Alcalde/Presidente do Concello de Cospeito
  • 21,00 h.: Peche ao público do Recinto Feiral "Manuel Vila López"

Seccións do concurso de gando 2012

21 feb. 2012







SECCIÓNS DO XXVI CONCURSO MOEXMU 2012

NOTA: Tomarase como referencia a data do 29 de febreiro de 2012 para encadrar os animais nas seccións.

  • SECCIÓN 1: Xatas ata 8 meses. Nadas despois do 31 de xullo de 2011.
  • SECCIÓN 2: Xatas de 8 a 10 meses. Nadas entre o 1 de abril e o 3o de xuño de 2011.
  • SECCIÓN 3: Xatas de 11 a 13 meses. Nadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de marzo de 2011.
  • SECCIÓN 4: Xatas de 14 a 16 meses. Nadas entre o 1 de outubro de 2010 e o 31 de decembro de 2010.
  • SECCIÓN 5: Xovencas de 17 a 19 meses. Nadas entre o 1 de xullo e o 30 de setembro de 2010.
  • SECCIÓN 6: Xovencas de 20 a 22 meses. Nadas entre o 1 de abril e o 30 de xuño de 2010.
  • SECCIÓN 7: Xovencas de 23 a 26 meses. Nadas entre o 1 de decembro de 2009 e o 31 de marzo de 2010.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------
  • SECCIÓN 8: Xata Campiona. Compiten a 1ª e 2ª clasificada das seccións 1, 2, 3 e 4 acadando o título de Xata Campiona e Xata Subcampiona.
  • SECCIÓN 9: Xovenca Campiona. Compiten a 1ª e 2ª clasificada das seccións 5, 6 e 7, acadando o título de Xovenca Campiona e Xovenca Subcampiona.
  • SECCIÓN 10: Gran Campiona de Xovencas. Compiten a Xata e a Xovenca campionas.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------

  • SECCIÓN 11: Vaca en lactación ata 26 meses. Nadas despois do 3o de novembro de 2009.
  • SECCIÓN 12: Vaca en lactación de 27 a 30 meses. Nadas entre o 1 de agosto e o 30 de novembro de 2009.
  • SECCIÓN 13: Vaca en lactación de 31 a 35 meses. Nadas entre o 1 de marzo e o 31 de xullo de 2009.
  • SECCIÓN 14: Vacas en lactación de 36 a 41 meses. Nadas entre o 1 de setembro de 2008 e o 28 de febreiro de 2009.
  • SECCIÓN 15: Vacas en lactación de 42 a 47 meses. Nadas entre o 1 de marzo e o 31 de agosto de 2008.
  • SECCIÓN 16: Vacas en lactación de 4 anos. Nadas entre o 1 de marzo de 2007 e o 28 de febreiro de 2008.
  • SECCIÓN 17: Vacas en lactación de 5 anos. Nadas entre o 1 de marzo de 2006 e o 28 de febreiro de 2007 .
  • SECCIÓN 18: Vacas en lactación de 6 anos ou máis. Nadas antes do 1 de marzo de 2006.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

  • SECCIÓN 19: Mellor Criador. Compiten grupos de tres femias, nadas nunha mesma explotación, ainda que na actualidade pertenzan a distintos propietarios, acadando o título de Mellor Criador e 2º Mellor Criador.
  • SECCIÓN 20: Vaca Nova Campiona. Compiten a 1ª e 2ª clasificadas das seccións 11, 12 e 13. Acadando o título de Vaca Nova Campiona e Vaca Nova Subcampiona.
  • SECCIÓN 21: Vaca Intermedia Campiona. Compiten a 1ª e 2ª clasificadas das seccións 14, 15 e 16. Acadando o título de Vaca Intermedia Campiona e Vaca Intermedia Subcampiona.
  • SECCIÓN 22: Vaca Adulta Campiona. Compiten 1ª e 2ª clasificadas das seccións 17 e 18. Acadando o título de Vaca Adulta Campiona e Vaca Adulta Subcampiona.
  • SECCIÓN 23: Gran Campionato de Vacas. Compiten a Vaca Nova Campiona, a Vaca Intermedia Campiona e a Vaca Adulta Campiona. Acadará o título de Vaca Gran Campiona /Mellor Vaca do Concurso.

O xulgamento das seccións 8, 9 e 10 así como os da 20, 21, 22 e 23 farase simultaneamente en pista

A Organización resérvase o dereito de agrupar os subdividir as sección segundo o número de animais inscritos en cada unha delas.

  • Gandería de Nova Participación: Concederase un 1º e 2º premio, segundo os puntos obtidos durante o Concurso, ás ganderías que non participaran con anterioridade ao ano 2011.
  • Mellor Ubre. Nas seccións de vacas de leite otorgarase un premio ao mellor ubre de sección.
  • Mellor Rabaño Concederase un 1º e 2º premio, segundo os puntos obtidos durante o Concurso ás femias propiedade dun mesmo gandeiro, puntuando os cinco mellores animais de cada gandería.
  • Mellor Descendencia de vaca. Concederase un 1º e 2º premio, segundo os puntos obtidos durante o Concurso ás femias fillas ou netas da mesma vaca, concedéndolle o premio ao propietario da vaca da que se puntua a descendencia.
  • Mellor Concello. Concederase un 1º e 2º premio, segundo os puntos obtidos durante o Concurso ás femias pertencentes a ganderías dun mesmo concello. O trofeo será entregado ao representante que designen os gandeiros dos concellos gañadores.

Premios especiais de XENÉTICA FONTAO S.A. para fillas de touros do Programa de Mellora Gandeira de Galicia.
  • Xatas ata 16 meses de idade. Premio á mellor clasificada de cada unha das seccións 1, 2, 3 e 4.
  • Xovencas de máis de 16 meses de idade. Premio á mellor clasificada de cada unha das seccións 5, 6 e 7.
  • Vacas en lactación. Premio á mellor clasificada de cada unha das seccións da 11 á 18 inclusive.