Historia da MOEXMU

13 mar. 2011




A feira de mostras e exposicións de Muimenta (MOEXMU), celebrou a súa primeira edición os días 6 e 7 de Xuño do ano 1985. Coa edición de 2011 superamos o cuarto de século da vida da feira, todo un éxito non tempos que corren, e alcanzamos as vodas de prata dun dos concursos máis importantes do panorama nacional.

Somos un pobo que destaca polas mellores festas, feiras e mostras exposicións da comarca da Terra Chá e da provincia de Lugo. Pero non cabe dúbida que sobre todas elas destacan a MOEXMU.



Co noso traballo, queremos potenciar un dos sectores económicos máis importantes da comarca da Terra Chá, o cal tamén serve para ver ás últimas innovacións tecnolóxicas existentes no mercado. Desta maneira axudamos a consolidar á MOEXMU coma un importante referente do sector agrogandeiro galego, tanto na presencia coma na calidade das cabezas de gando participantes, que axuden á consolidación deste sector, tanto no ámbito laboral coma no económico.

Queremos contribuir a dar a coñecer o traballo dos gandeiros da nosa terra para mellorar o seu gando e as súas explotacións, e desta maneira, lograr unha maior rendabilidade económica e social das mesmas.

Programa MOEXMU 2011

12 mar. 2011




XXV CONCURSO GANDO FRISÓN MOEXMU 2011

Recinto feiral Manuel Vila López, Muimenta, Cospeito, 1, 2 e 3 de abril de 2011



Día 1, Venres

  • De 10 a 15 horas, entrada do gando no recinto feiral

Día 2, Sábado
  • 11,30 h.: Inicio do Concurso, Seccións de Xatas e Xovencas
  • 13,00 h.: Entrega das Mencións Honoríficas AFRICOR Lugo
  • 14,00 h.: Descanso
  • 16,00 h.: Continuación do Concurso, Seccións de Vacas de Leite e Campionatos

Día 3, Domingo
  • 11,00 h.: Concurso de Novos Manexadores, organizado polo Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia
  • 12:30 h : Poxa de gando frisón
  • 13,30 h.: Entrega de premios
  • 14,00 h.: Sorteo entre os asistentes
  • 14,15 h.: Clausura e xantar

Xuíz do concurso: D. Francisco Javier Freije Freije

Seccións do concurso de gando 2011







SECCIÓNS DO XXV CONCURSO MOEXMU 2011

NOTA: Tomarase como referencia a data do 31 de marzo de 2011 para encadrar os animais nas seccións.

  • SECCIÓN 1: Xatas ata 8 meses. Nadas despois do 31 de xullo de 2010.
  • SECCIÓN 2: Xatas de 8 a 10 meses. Nadas entre o 1 de maio e o 31de xullo de 2010.
  • SECCIÓN 3: Xatas de 11 a 13 meses. Nadas entre o 1 de febreiro e o 30 de abril de 2010.
  • SECCIÓN 4: Xatas de 14 a 16 meses. Nadas entre o 1 de novembro de 2009 e o 31 de xaneiro de 2010.
  • SECCIÓN 5: Xovencas de 17 a 19 meses. Nadas entre o 1 de agosto e o 30 de outubro de 2009.
  • SECCIÓN 6: Xovencas de 20 a 22 meses. Nadas entre o 1 de maio e o 31 de xullo de 2009.
  • SECCIÓN 7: Xovencas de 23 a 26 meses. Nadas entre o 1 de xaneiro e o 30 de abril de 2009.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------
  • SECCIÓN 8: Xata Campiona. Compiten a 1ª e 2ª clasificada das seccións 1, 2, 3 e 4 acadando o título de Xata Campiona e Xata Subcampiona.
  • SECCIÓN 9: Xovenca Campiona. Compiten 1ª e 2ª clasificada das seccións 5, 6 e 7, acadando o título de Xovenca Campiona e Xovenca Subcampiona.
  • SECCIÓN 10: Gran Campiona de Xovencas. Compiten a Xata e a Xovenca campionas.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------

  • SECCIÓN 11: Vaca en lactación ata 26 meses. Nadas despois do 31 de decembro de 2008.
  • SECCIÓN 12: Vaca en lactación de 27 a 30 meses. Nadas entre o 1 de setembro e o 31 de decembro de 2008.
  • SECCIÓN 13: Vaca en lactación de 31 a 35 meses. Nadas entre o 1 de abril e o 31 de agosto de 2008.
  • SECCIÓN 14: Vacas en lactación de 36 a 41 meses. Nadas entre o 1 de outubro de 2007 e o 31 de marzo de 2008.
  • SECCIÓN 15: Vacas en lactación de 42 a 47 meses. Nadas entre o 1 de abril e o 30 de setembro de 2007.
  • SECCIÓN 16: Vacas en lactación de 4 anos. Nadas entre o 1 de abril de 2006 e o 31 de marzo de 2007.
  • SECCIÓN 17: Vacas en lactación de 5 anos. Nadas entre o 1 de abril de 2005 e o 31 de marzo de 2006.
  • SECCIÓN 18: Vacas en lactación de 6 anos ou máis. Nadas antes do 1 de abril de 2005.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

  • SECCIÓN 19: Mellor Criador. Compiten grupos de tres femias, nadas nunha mesma explotación, ainda que na actualidade pertenzan a distintos propietarios, acadando o título de Mellor Criador e 2º Mellor Criador.
  • SECCIÓN 20: Vaca Nova Campiona. Compiten a 1ª e 2ª clasificadas das seccións 11, 12 e 13. Acadando o título de Vaca Nova Campiona e Vaca Nova Subcampiona.
  • SECCIÓN 21: Vaca Intermedia Campiona. Compiten a 1ª e 2ª clasificadas das seccións 14, 15 e 16. Acadando o título de Vaca Intermedia Campiona e Vaca Intermedia Subcampiona.
  • SECCIÓN 22: Vaca Adulta Campiona. Compiten 1ª e 2ª clasificadas das seccións 17 e 18. Acadando o título de Vaca Adulta Campiona e Vaca Adulta Subcampiona.
  • SECCIÓN 23: Gran Campionato de Vacas. Compiten a Vaca Nova Campiona, a Vaca Intermedia Campiona e a Vaca Adulta Campiona. Acadará o título de Vaca Gran Campiona /Mellor Vaca do Concurso.

O xulgamento das seccións 8, 9 e 10 así como os da 20, 21, 22 e 23 farase simultaneamente en pista

A Organización resérvase o dereito de agrupar os subdividir as sección segundo o número de animais inscritos en cada unha delas.

  • Gandería de Nova Participación: Concederase un 1º e 2º premio, segundo os puntos obtidos durante o Concurso, ás ganderías que non participaran con anterioridade ao ano 2010.
  • Mellor Ubre. Nas seccións de vacas de leite otorgarase un premio ao mellor ubre de sección.
  • Mellor Rabaño Concederase un 1º e 2º premio, segundo os puntos obtidos durante o Concurso ás femias propiedade dun mesmo gandeiro, puntuando os cinco mellores animais de cada gandería.
  • Mellor Descendencia de vaca. Concederase un 1º e 2º premio, segundo os puntos obtidos durante o Concurso ás femias fillas ou netas da mesma vaca, concedéndolle o premio ao propietario da vaca da que se puntua a descendencia.
  • Mellor Concello. Concederase un 1º e 2º premio, segundo os puntos obtidos durante o Concurso ás femias pertencentes a ganderías dun mesmo concello. O trofeo será entregado ao representante que designen os gandeiros dos concellos gañadores.

Premios especiais de XENÉTICA FONTAO S.A. para fillas de touros do Programa de Mellora Gandeira de Galicia.
  • Xatas ata 16 meses de idade. Premio á mellor clasificada de cada unha das seccións 1, 2, 3 e 4.
  • Xovencas de máis de 16 meses de idade. Premio á mellor clasificada de cada unha das seccións 5, 6 e 7.
  • Vacas en lactación. Premio á mellor clasificada de cada unha das seccións da 11 á 18 inclusive.

Premios






Para incentivar a participación na feira, a MOEXMU 2011 contará cos seguintes premios:
  • Premios en metálico ás tres primeiras de cada sección.
* 1º 75 €, máis un vale de 150€ en produtos
* 2º 50 €.
* 3º 25 €.

  • Premio en metálico de 1.500 € a Vaca Gran Campiona
  • Importantes trofeos cedidos por entidades e casas comerciais. Escarapelas e banderíns aos primeiros de sección. Agasallos de participación a todas as ganderías participantes.
  • Agasallo especial da Coop. Os Irmandiños a todos os participantes.
  • Publicidade da gandería no Libro do Concurso e medios de comunicación.
  • Premio FEFRIGA ao Mellor Criador dun lote de embrións.
  • Xenética Fontao concederá dúas doses do touro Xacobeo a cada gandería participante, e a maiores un lote de seis doses(dos touros Dancer, Magrebí e Boer) ás ganderías que participen con máis dun animal.
  • Premios en metálico á primeira de cada sección, filla dun touro do Programa de Mellora Gandeira de Galicia (Premios Xenética Fontao): xatas 100 € / xovencas 200 € / vacas 300 €.
  • Transporte, seguro e manutención dos animais gratuíta.
  • Rifas gratuítas para o sorteo do domingo.
  • Xantar de benvida o venres e o do sábado e domingo ofrecido pola Organización a todos os participantes.

Edicións da MOEXMU

11 mar. 2011



A táboa adxunta recolle todas as edicións da MOEXMU dende que botou a andar alá polo ano 1985. Para unha mellor visualización, preme na imaxe da táboa.


A miña historia



Boas a todos. ¿qué tal?. Espero que moi ben. Antes de que siga esta conversa que estou a comenzar permitídeme que me presente: son a Festa da Filloa de Muimenta, teño dezaseis anos e vivo no Recinto Feiral “Manuel Vila López” desta vila chairega da provincia de Lugo.

Os meus pais son os industriais da parroquia de Muimenta, que tras moitas reunións, viron a necesidade de recaudar fondos para o cuidado (a organización) do meu irmán maior MOEXMU (Mostra Exposición de Muimenta). Entre vosoutros e máis eu, e tendo en conta que non nos oe ninguén, teño que decirvos que cando sae da casa, de festa e troula, gasta moitos cartos.

Nacín a comenzos da década dos noventa, como dicía anteriormente, neste pequeno gran pobo da Comarca da Terra Chá; a maioría da miña familia son veciños de Muimenta (meus pais, tíos, sobriños, curmáns e demais familia) aínda que tamén teño familia nos pobos e vilas veciñas (Outeiro, Bazar, Pacios, Prevesos, San Martiño, Vilarente, A Graña, O Arneiro, Roás, Triabá e ata na capital de provincia, na cidade das murallas).

A continuación contareivos pouco a pouco a miña vida e a relación coa miña familia:

Como vos dicía hai uns intres, nunha reunión de meus pais, os industrias de Muimenta, xurdíu a idea de que se podía organizar unha Festa gastronómica, a ser posible dun producto autóctono e da propia zoa para conseguir fondos para MOEXMU. Daquí nace a posibilidade de comenzar coa celebración da Festa da Filloa, producto galego, herdado das nosas avoas e moi típico do Antroido.

Pero, á beira de pais, necesitaba unhas nais, e eles puxéronse a buscalas. Decidiron poñerse en contacto coas mulleres do pobo para saber se estaban interesadas en levar adiante este “embarazo”. A resposta foi sorprendentemente positiva, rompendo todos os pronósticos que se agardaban, xa que non só se conseguiu que viñeran moitas mulleres e de tódalas idades para elaborar este típico producto da gastronomía galega, senón que tamén apareceu xente para axudar a servir as mesas e tamén para colaborar noutras “facetas do parto”.

Para anunciar e publicitar o meu nacemento, falouse co meu curmán, Pepe da Gloria, para que fixera un cartel onde se anunciara que ía ver a luz nas próximas datas. Hai que decir que foi simple e directo: unha das miñas avoás, sentada ó lado dunha prancha das antigas para facer as filloas (das de leña) e coas zocas de toda a vida, que tanto se teñen usado para o coidado dos pés.

Por fin, vin a luz o primeiro de maio do ano 1.992, foi a miña presentación en sociedade (un ano moi importante en España: Xogos Olímpicos, Exposición Universal, Capitalidade Europea da Cultura). Quen me ía dicir a min que no meu nacemento ía codearme con pobos coma os de Barcelona, Sevilla ou Madrid; non sei se isto sería o preludio de algo moi importante, ou non, o tempo o dirá.

Foi unha xornada emocionante, chea de nervios xeneralizados, medo ó descoñecido, medo a que o parto fora compricado. Fixádevos que ata eu tiña medo de que algo saíra mal, pero todo foi de marabilla.

Miñas nais entraron no paritorio sobre as nove da mañá, e fixeron que o parto fora rápido e sen dor. A verdade, tiñades que ver a cara de meus pais, pasaron dun rostro de nerviosismo en persoa a unha felicidade infinita. Todo saíu á perfección, as filloas despacháronse durante toda a xornada, durante momentos pensei que acababan comigo; previsores meus pais decidiron que tamén houbese churrasco, criollos, e pan para comer, agua, viño, café e a típica queimada galega para acompañar o xantar.

A xornada foi longa e emocioante. Todo saiu ben. Tiven como padriño de honra a Primitivo Iglesias, catedrático de Lingua Galega, que no seu pregón animou a que a festa da filloa levedase coma o pan na maseira e que seguira ano tras ano, ó tempo que me dedicou importantes verbas coma “ben como comida principal, ben como larpeirada de sobremesa (que os chairegos, sen dúbida, somos algo dados ás lamboadas), existen varios xeitos de facer as filloas, dependendo das posibilidades de cada quen. Hai filloas de anís, filloas recheas de licor, e filloas recheas de mel e azucre, que colmarían o gusto do padal máis esixente. Tamén hai filloas de caldo, de centeo de mestura (maíz e trigo), que con leite ou con touciño colmarían a andorga dos máis larpeiros. Hai filloas de sangue, moi populares por toda Galicia, e filloas de leite ou de calostros, que seguro que todos os presentes recordamos nas nosas casas. E hai filloas queimadas, filloas de lacón, e migados e faragullos, e máis humildemente freixós e freixoas, que nalgunhas casas eran cocidos nunha simple pedra, preparada par o tal efecto”.

Tamén os máis novos do pobo, a través do grupo de baile da Asociación Cultural e Veciñal “Aquilino Iglesia Alvariño”, participaron na xornada , feito que se mantivo ó longo de varios anos, todos con grande ilusión por participar dunha maneira tan activa no meu nacemento.

As opinións sobre o meu nacemento foron moitas, pero a maioría anónimas, sen moita publicidade, aínda que conseguin rescatar algún recorte de prensa.

Tendo en conta coma foi todo, meus pais decatáronse de que se conseguiran moitas cousas en pouco tempo: éxito á hora de conseguir que viñeran mulleres a facer filloas, moitos visitantes que estiveron a a punto de acabar coas existencias das filloas; saíralles unha filla tan guapa e forte que non o crían, ó tempo que pensaban que se algo saía mal, tiña ó seu irmán maior MOEXMU que xa tiña oito anos que estaría pendente de mín en todo momento.

Desta maneira, decidiuse que ó ano seguinte, se celebrase o meu aniversario. Para aquel entón a miña familia xa aumentaba. Miñas nais, as filloeiras, eran máis; meus tíos, os churrasqueiros, tamén; ademais, que meus curmáns atendían a tódolos visitantes que se acercaban ata onde eu vivía para que me coñeceran.

Para todos aqueles que non me coñecían, meus pais seguiron anunciando a celebración do meu aniversario, pero esta vez xunto a miña avóa, a mesma que atendía a prancha das filloas, aparecían unhas verbas da miña madriña de honra, Marica Campo, que din así:

ODA Á FILLOA

Vés das mans das avoas das nosas avoas,
moi ilustre señora, filloa, vella amiga,
fino corpo lixeiro, leite e fariña triga,
para ti a nosa festa, para ti as nosas loas.

Se con mel ou con zucre, toda amor, te nos doas,
é xusto que adozada a nosa língua diga
por mellor festexarte tamén unha cantiga
en Muimenta onde hoxe raíña te coroas.

Aquí está a túa casa, que o pobo ten memoria
e sábeche as fazañas, os días de contento
que regalache ós pobres todo ó longo da historia.


O antigo e o novo, xuntos nun mesmo alento,
Traerán a esta vila un futuro de gloria,
¡que árbore con raíces non a derriba o vento!.


A verdade é que os visitantes aumentaron considerablemente, teño que decirvos que se esgotaron as filloas que se eleboraran o día anterior e durante toda esa xornada no Recinto Feiral de Muimenta.

O éxito do meu aniversario colleu a todos de novo de imporvisto, e acordouse seguir adiante coa Festa da Filloa.

Nos seguintes anos, os visitantes que viñan a verme seguían aumentando. Non chegaba o traballo de meus pais, polo que se decidiu buscar axuda entre a miña familia dos pobos cercanos. De súpeto, vin como a mesma seguía medrando.

No ano 1.994 conclúe unha escola taller que houbo no meu pobo e que gracias a ela rehabilitouse a Escola Vella como Local da Terceira Idade e os Stands onde vivo, deste xeito xa tiña cabida na miña Festa os artesáns e os productos galegos de calidade, que dende esas datas, me visitan todos os anos.

Non sei se a estas alturas do meu relato, se decataron de que o meu aniversario coincide coa Festa do Traballo, o primeiro de maio, xornada na que se celebra e festexa o logro, por parte dos traballadores, dos dereitos sindicais que hoxe se recoñecen en calquer sociedade moderna. Existen manifestacións onde se reclaman os dereitos dos traballadores e a mellora das condicións laborais dos mesmos. E... ¿que mellor maneira de celebrar esta xornada que traballando, como fai a miña familia, na procura de que todos poidan disfrutar deste típico postre galego.

No ano 1.996, xa entrei no colexio, en educación infantil, e coñecín a máis xente, que se fixeron os meus amigos e amigas e que convidaba cada ano ó meu aniversario; cada primeiro de maio acudía maís xente e de máis lonxe, a Terra Chá xa se me quedaba pequena. O meu convidado estrela nese ano foi o artista Paco Pestana.

Continuaron a vir artesán do coiro (por exemplo o de Melide) ou de madeira, productos galegos de calidade coma os queixos de San Simón ou o viño da Ribeira Sacra, o mel, etc.

Son moi coñecida no ano 1.997 e convertíndome nun referente na vida da provincia, meus pais deciden convidar a miña festa a Gonzalo Edrosa, por aquel entón adestrador do Clube Deportivo Lugo, equipo que militaba na Segunda División do Fútbol Español.

Por certo, ¿non se preguntan por que sempre falo de meus pais e non de meu pai? Pois moi sinxelo, como dicía ó principio do meu relato, teño mais de sesenta pais, todos industriais ou autónomos do pobo, que me miman, me cuidan e agasallan co seu traballo e agarimo, ó tempo que me deixan ver a realidade que me rodea, a falta de apoio (nalgunha ocasión) dalgún organismo, co cal, hai veces que non poido cubrir os gastos que teño ó ir medrando, tamén vexo o traballo que teñen que levar a cabo para intentar cubrir a multitude de gastos ós que teñen que facer fronte para a miña educación, os días e as noites que sacrifican para o meu coidado, etc. Pero non importa, con moito cariño e traballo conseguín sair adiante.

Comezo a estudiar educación primaria no ano 1.998; meus pais téñenme reservada unha sorpresa que non contaba con ela: tanto a min coma a meu irmán MOEXMU, puxéronnos un titor que nos vai controlar os nosos estudios, os nosos gastos, a nosa maneira de vivir e ata o último movemento que fagamos, pois se eu fose gastar cartos coma meu irmán, o peto non chegaría para os dous.

Nese ano non só foi a chegada dun titor, senón que á parte da choiva (que por certo me visita en moita ocasións para intentar fastidiarme o meu aniversario, aínda que se non o logrou noutros anos, non o vai conseguir agora), viñeron visitarme dous dos fundadores da Asociación Cultural e Veciñal “Aquilino Iglesia Alvariño” que tantas boas cousas trouxo ó meu pobo (Centro médico, área recreativa “Ribas de Miño”, campo de fútbol, terreos e xestións para o Colexio Público, xestións para a creación do Centro da Xuventude e da Terceira Idade “Manuel Gesto Varela”, a compra do Recinto Feiral “Manuel Vila López” onde se celebra a MOEXMU ou a Festa da Filloa, etc.)

No ano 1.999, alcancei o meu sétimo aniversario e co fin de axudar ó meu crecemento e amenizar a miña Festa aparece a música tradicional. Chega o ano 2.000 e meu titor xunto cos meus pais, poñen a andar o Concurso de Debuxo e Relato “Filloa”, onde participan os nenos e nenas da ata 16 anos de tódolos centros educativos, tanto públicos coma privados, da Terra Chá (Concellos de Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Meira, A Pastoriza, Rábade e Vilalba); deste xeito á parte de coñecer o que pensaban os meus compañeiros de colexio, meus pais podían aproveitar as ideas que eles nos daban para a celebración.

O éxito da convocatoria foi impresionante, participando máis de douscentos nenos e nenas cos seus traballos de poesía ou relato, ademais dos seus debuxos.

Para o ano 2.001, o cartel anunciador da feira foi un dos debuxos gañadores da primeira edición do concurso, concurso que se volveu a convocar e perdura ata o día de hoxe, con grande interese por parte dos máis novos. A súa autora fora Isabel Salgado de A Pastoriza, aínda se conservan o seu debuxo e algún cartel nas oficinas centrais do Recinto Feiral “Manuel Vila López”; en todos eles, podemos ver como os máis novos ven, opinan e aportan ideas para a Filloa.

Os nenos do colexio de Muimenta xa fixeran filloas na clase para coñecer os seus segredos, como se fai o amoado, como se elaboran, o tempo de espera na prancha, etc. As novas xeneracións tamén me queren coñecer.

No ano 2.002, adiántase a celebración do meu irmán maior ós primeiros días de abril, xa que empezábase a ver que non viñan tantos convidados como en anos anteriores, pero iso a min non me importa xa que a xente sigue vindo á miña Festa co mesmo entusiamo ca antes.

Como noutras edicións, celebrouse, xuntamente co meu aniversario unha nova edición do torneo de caza “San Huberto”, vense a facer no coñecido coma monte do Arneiro; alí uns vinte cazadores disputan o devandito torneo e, despois do xantar no Recinto Feiral, entregan os premios ós seus gañadores. É un concurso de moita tradición e importancia non só en Galicia, senon tamén en España e en moitos puntos de Europa.

En 2.004, estou no meu último ano de colexio e comezo a ver preto o Instituto. Os mozos fíxanse en min, non só os cazadores, o meu noivo máis ou menos oficial, senón que outras festas e feiras achéganse ata mín para ver como é a miña organización; estou nerviosa e emocionada, xa que tamén poden ver os meus defectos, maís estou segura que son máis as miñas virtudes. Neste ano decátome de que miñas nais, as filloeiras, non poden co seus brazos de tanto batir, teño que buscar unha solución; traballan moito para sacarme adiante.

Cando chego ó Instituto no ano 2.005, a miña vida está chea de cambios: agasállanme cun tanque de frío para facer o amoado das filloas xa que o número de visitantes é tan grande que as mulleres non daban “batido” tanta cantidade de litros coma era necesario, máis de cincocentos. Faise un libro coa historia de Muimenta, da Festa da Filloa e de receitas para comerme do máis interesantes (filloas con centolo é un simple exemplo). Cabe recordar que non só sirvo para comerme coma postre e no Entroido, pois tamén son útil noutras épocas do ano ou con calquer tipo de comida, axudando así á desestacionalización da filloa no tempo.

Pero sin lugar a dúbidas, o maior cambio e co que máis ilusión afrontei foi a Escola de Filloeiras e Filloeiros, cun grande éxito, acuden novos e vellos, mulleres e homes para así coñecer os segredos das filloas, como se prepara o “amoado”, e o seu tempo de espera, como se quenta e prepara a prancha, como se viran, como se unta co touciño, etc. Durante unha semana máis de vinte persoas acuden ó Recinto Feiral de Muimenta ás clase de dúas de miñas nais (Dominica e Claudina), onde ensinaron todos os seus trucos para que as tradicións non se perdan.

Tamén se edita un libro coa miña historia e receitas para cociñarme; á verdade non era eu coñecedora de todas as miñas posibilidades.

Corre o ano 2.006; o meu nerviosismo é maíusculo, visítame a T.V.G., o programa diario chamado de “A Revista”, para que todos os galegos vexan como máis de dúascentas personas (non solo de Muimenta, senón dos pobos cercanos, a miña familia), loitan cóbado con códabo durante toda a xornada do Día do Traballo dunha maneira gratuita e de balde para que o éxito sexa maior. É unha gran responsabilidade e espero estar á altura das circunstancias.

O meu único agasallo para a familia é unha comida homenaxe que meus pais lles adican ó domingo seguinte no Recinto Feiral, co fin de agradecerlles o seu traballo e a súa dedicación. Coincidencias da vida, na xornada adicada ó “Día da Nai”.

Concurso de debuxo e relato da Festa da Filloa




Como una actividade máis enmarcada dentro da celebración da Festa da Filloa de Muimenta, tódolos anos se celebra, dende o ano 2000, un concurso de debuxo e relato.

As temáticas convocadas en cada edición foron as seguintes:
  • 2012 A Moexmu
  • 2011 O Río Miño
  • 2010 O Camiño de Santiago
  • 2009 A Filloa
  • 2008 O Río Miño
  • 2007 A Festa da Filloa, ¿Festa de Interese Turístico Galego?
  • 2006 A filloa e a televisión
  • 2005 ¿Qué organizarías nun recinto feiral?
  • 2004 O Medio Ambiente
  • 2003 Monumentos da Terra Cha
  • 2002 ¿Qué é a MOEXMU para ti?
  • 2001 A Terra Chá
  • 2000 A Filloa

Preséntanse unha media de máis de douscentos traballos por edición e participan sempre máis de seis centros educativos. Na categoria onde máis traballos se presentan éa que abarca as idades comprendidas entre os 9 e 12 anos, superando sempre, en tódalas categorías os debuxos ós relatos.

A modo de memoria pódese dicir que o centro que máis premiados conseguiu nestos oitos anos foi o Colexio de Educación Infantil e Primaria de Muimenta, seguido do Colexio Virxe do Monte da Feira do Monte, ámbolos dous do Concello de Cospeito.

A nena máis galardoada foi Aida de la Fe Pena Gil, do Colexio de Muimenta, conseguindo o primeiro premio sempre que participou; o mesmo que María Belén Pardiño, do Colexio da Feira do Monte, acadou o tamén o primeiro premio en todas as convocatorias nas que se presentou.

Algún ano, os traballos gañadores na categoría de relato eran lidos durante as actividades que programaba co gallo do Día das Letra Galegas a Asociación Cultural e Veciñal “Aquilino Iglesia Alvariño”.

A todos os participantes se lles entrega un diploma de participación e outro ó centro educativo correspondente.


As bases para participar na edición de 2012 se presentan no documento adxunto. Para poder velo a pantalla compreta premede onde pon Fullscreen. Se queredes descargar as bases, facede click onde pon download.


Declaracion da Festa da Filloa como festa de interese turístico de Galicia

10 mar. 2011




No documento que acompaña ao texto figura un extracto do DOG do 25 de Abril do 2008, onde se contén a resolución da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia pola que se declara á Festa da Filloa de Muimenta como festa de interese turístico de Galicia.

Para ver o documento a pantalla compreta premede onde pon Fullscreen.

Para descargarlo, facede click onde pon download.


Edicións da Festa da Filloa



No seguinte listado vos ofrecemos un resumo de todas as edicións da Festa da Filloa celebradas ata o momento:


Pregoeiros



Desde o seu nacemento no ano 1992, moitas foron as personalidades que se pasaron por Muimenta para dar o pregón da Festa da Filloa. Na seguinte táboa podedes consultar o nome de todos os pregoeiros que nos visitaron ao longo de todos estes anos. Premendo na imaxe teredes unha mellor vista dos pregoeiros.

Material empregado na Festa da Filloa




Poñer en marcha unha festa das dimensións da Festa da Filloa de Muimenta, non é unha tarefa doada. Para que vos fagades unha idea, mostrámovos un listado do material que se precisa para que todo salga ben:

  • 1.100 quilos de costela en tira
  • 50 quilos de carne de tenreira
  • 200 quilos de chourizo criollo
  • 350 litros de augardente para a queimada
  • 1.000 litros de viño
  • 1.105 litros de auga
  • 600 quilos de fariña
  • 1.100 quilos de carbón
  • 100 litros de aceite
  • 50 quilos de sal gordo
  • 35 quilos de café
  • 6 botellas de leite
  • 80 quilos de azucre
  • 250 quilos de pan
  • 75 bombonas de butano
  • 80 dúcias de ovos
  • 20 caixas de gaseosas
  • 3 quilos de limóns
  • 1 bote de mel
  • 2 touciños de porco para quentar as pranchas e as parrillas
  • 1.000 metros de mantel de plástico e máis de 25 rolos de mantel de papel
  • 150 mesas e os tableiros do Concello
  • 1.500 sillas
  • 15 caixas de pastillas para encender o lume
  • 10.000 servilletas
  • 6 paquetes de bolsas para despachar as filloas
  • 10 panos de cociña
  • 10 baietas
  • 3 rolos de papel grande en bobina, para limpar as mans os que fan e tamén despachan o churrasco
  • 10.000 platos
  • 10.000 vasos
  • 1 caixa de guantes de plástico grandes para os churrasqueiros
  • 4 caixas de guantes de plástico medianos para as filloeiras
  • 25 botellas de fairy
  • 35 caixas de lixivia
  • Caixas de madeira para encender o lume

Acordos da comisión organizadora

9 mar. 2011




Mostramos a continuación os diversos acordos alcanzados pola comisión organizadora da MOEXMU 2011 e que afectan á organización desta e das vindeiras edicións. Para ver o documento en pantalla compreta facede click onde pon Fullscreen. Se queredes descargarlo, premede onde pon download.